jueves, 15 de enero de 2009

Creo en casandra


" Creo en ti casandra, no estás loca... - Se besaron y en su boca florecieron madreselvas. -Dulce casandra, ponte de pie...-Yo te he conocido antes, quizá te soñe...-

Hay quien duda y hay quien cree en la leyenda, juntos buscarán la puerta, dulce mañana, no sé tu... pero yo... creo en casandra..." Ismael Serrano


Conta o mito que casandra, filla dos reis de Troya, ó non corresponder ó amor de apolo foi condenada a poder ver o futuro, pero sen poder evitalo, tal era a maldición do deus...


Eu tamén, igual que apolo, namoreime de casandra... e a min tampouco me correspondeu...

Non sei por qué algunhas persoas son bendicidas co don do amor recíproco, pero o feito é que a min aínda non me pasou.. e tampouco estou moi seguro de por qué...

Repasando lugares, fotos, encontros... non atopo esa resposta esquiva que tanto se anhela... Como foi que ela marchou do meu lado??? Por qué me deixou tanta soidade?


Xurarlle odio eterno non é a solución, perdoala paréceme demasiado benévolo... O feito é que non darse por vencido e seguir buscando por casandra é un designio do que non podo safarme...


Seguro que ela, capaz de ver o futuro, non imaxinaba que podía causar tanta dor, aínda sen querelo... De todolos xeitos, esta non é a última dor que ela me causará, nin estes os últimos versos que lle escribirei... Non, porque sigo crendo... crendo en casandra...

2 comentarios:

  1. Para que crer, mellor vivir e deixarse de ostias...
    Que queres estar depre coma os teus colegas orfos de cariño despois de tanto tempo.
    Ademais a muller que che leve vai facer un cristiño de ti, coma a Jesusiño o da canción de Heredeiros.
    Ademais todo chega, e non hai que tolear en buscar

    ResponderEliminar
  2. Si home, xa sei... pero trataba de facer unha reflexión, non de relatar unhya situación...

    ResponderEliminar

"non te enfades" Hugo