martes, 23 de diciembre de 2008

Clara


"No tuvo suerte al elegir la puerta de salida"J.Baptista Humet

Ao ser que me ensinou como de grande podía ser o amor, que encheu de sentido a miña vida, que me fixo ser mellor persoa, que sin dicir nada... tanto dicía... Ao ser que conseguiu ser inmortal na miña memoria... GRACIAS por ter sido a miña irmá...
Clara finou o 22 de decembro do 2002 aos doce anos de idade porque o mundo non entendía a súa dor...
Quérote e extránote moito...

lunes, 22 de diciembre de 2008

Peter Pan


"- Y así -continuó Peter con bondad- debía de haber un hada para cada niño y para cada niña.

-¿Dices que debía haberla? ¿Pues qué? ¿Acaso no la hay?

- No. Como los niños de ahora quieren ser tan sabios, dejan en seguida de creer en las hadas y cada vez que un niño dice "yo no creo en las hadas" cae muerta una de ellas."

Peter Pan e Wendy. J.M. Barrie


Así que crecín, dinme conta de que os soños se relativizaban, que carecían de relevancia, que o realmente importante era o camiño e o que pasaba mentres procuras a meta..


Pensando en todo o que un día quixen ser, dinme conta de que me fixen maior e que nada do que eu soñara se fixo real... pasou tanto tempo que todos aqueles soños se volveron inalcanzables. Tampouco o que eu quería é agora o que eu quero... si é que realmente sei o que quero... (creo que do único que estou seguro é do que non quero...)


O outro día, lembrando tempos mellores, reencontreime con antiguos amigos da universidade, esa xente que tanto me fixo sentir e que levo gardados no corazón... foi bonito, pero distinto a como eu imáxinaba... O tempo non pasa en balde, cada un tirou por onde quixo ou puido, e a verdade é que levabamos tanto tempo sen vernos que semellaban extranos...


Aqueles tempos do burgo das nacións, foron, se cadra, o mellor que me pasou... pero xa pasou... Tentar volver é un erro, e esquecerse deles tamén...


Ás veces pregúntome si o mellor da miña vida xa foi... ás veces...




jueves, 18 de diciembre de 2008

Pingüinos en la cama


"-¿Qué harías sin mi, si no vuelves a verme?
-Para ser sincero haría lo mismo, sólo que si estoy sin ti lo haría sin esconderme." Ricardo Arjona

Hoxe chamou, xa era tan noite que me topou durmindo... non entendo...
Recoñezo que as veces aínda paso polo rick´s café coa esperanza de toparme con ilsa, pero xamais pensei que ela fose a que tomara a iniciativa...
As cousas claras, o que non pode ser, non pode ser... Cando a cousa non está de cara, mellor e deixala, etc, etc... podería dicir mil frases manidas para explicar, pero aínda asi nin eu mismo o entendo.
Todo semellaba ir ben, se cadra de mais... tan fugaz que non chegou a deixarme amargura sequera... pero as veces forzase demasiado, pensando que neso consiste o amor, en dar sin medida o calor dunha aperta... e as veces queres saber de que vai a historia, e preguntas(...)
e todo escacha en cen mil anacos...
-¿parece que non che fai moita ilusión?
-A verdade é que non...

Pois nada, ´pasar páxina´din... Pero hoxe chamou... agora debería chamala eu, preguntarlle para qué, si todavía se lembra... como me lembro eu...

Sabedes? Prefiriría que non houbese chamado e ficar naquel aeroporto, abandoado, estóico, coma rick blaine en casablanca...
Quen sabe...sempre nos quedará compostela

miércoles, 17 de diciembre de 2008

Irene



"Emplazándome... no comprendo como puede usted... pasar y no verla..." Serrat

Eu vivo en compostela... a maioría das cidades teñen máis taxis que sentimentos, e isto tamén pasa aquí. A pedra fría da zona vella parece contaxiar os corazóns, e costa tanto regalar unha mirada, un bico, unha aperta... que as veces parece que hai que ir mercalos...

Pero as veces e distinto... cando ela pasa o teu carón tropezando, como case sempre, con tantas prisas... e cando me achego para axudarlle, uhm... -perdón...- asustada, axeonllada.- parece que se che mollou todo- digo pasmado... ela cala, porque non ten nada que dicir, porque ten tanta prisa... E vaise correndo entre tantos paraugas... Seguro que alguen a agarda. Seguro.
Estou convencido porque sinon fun un parvo ao deixala marchar.(...) Tampouco sabería que dicirlle...


lunes, 15 de diciembre de 2008

Asi comezamos...


"Si piensas que vas a fracasar, ya has fracasado... El triunfo comienza con la firme intención de que vas a triunfar" Tagore

Levaba moito tempo querendo escribir algo, asi que ahí o vai... comezamos hoxe esta andaina pola web, non vou a dicir cousas importantes, o mellor nin sequera direi cousas entendibles, vou a escribir porque si, porque me apetece... porque ler aos demais é bonito, pero que che lean a ti, tamén gusta... Escribirei o que se me pase pola cabeza, non trato de facer un diario personal, nin unha declaración de intencións, escribo para o que queira ler e teña curiosidade polo que conta este fisterrán...

Como excusa: scribir porque si... este é o único por qué do meu blogue...
A todos aqueles que o visitedes, grazas...