viernes, 6 de febrero de 2009

Palabras para Julia



"Entonces siempre acuérdate, de lo que un día yo escribí pensando en ti, pensando en ti... como ahora pienso...." Pablo Ibáñez


Qué fráxil é a memoria, non credes??? Cando te despides dun amigo que é difícil que volvas a ver sempre se di: "ei, tamos en contacto, eh???" ou "quedamos pa unha cea", "non te preocupes que te chamo"... Pero o ser humano cumple, polo xeral, mais anos que promesas, e ese amigo queda ahí, gardado naquela foto ao fondo do caixón... e nunca mais sabes del...


Pero ás veces, só ás veces, topas con esa persona que tanto significou na túa vida, e quedas de pedra... sin saber que dicir... trémenche as pernas e a voz:

-ho...hola!!! que ben che vexo!!! que alegría volver a verche!!! Tomate un café comigo antes de irte...

E ela acepta... (bueno, esto é o que adoita a pasar nas películas... na vida real ela ten tanta prisa que como moito acende un cigarro mentres esquiva a túa mirada... pero prefiro contar que ela tomou ese café... )

- E qué... conta¿ que tal che foi?

- Ben... bueno, tampouco hai moito que contar- sempre hai moito que contar, claro, pero non moito que me queira contar... Qué me vai dicir, ¿que segue con aquel cabrón?...

- Pois eu tampouco- chupáte esa, jaja...

- Pois xa nos veremos

- Vale- non penso deixar que se me note que todo o meu mundo se me viu abaixo.E marcha.


Ensaiara tantas veces diante do espello qué dicirlle... pero ao tela diante todo se torna imposible...


Pois, sabedes?... eu nunca a olvidarei... aínda que o último café soubera mais amargo que de costume...

1 comentario:

"non te enfades" Hugo