
"- Y así -continuó Peter con bondad- debía de haber un hada para cada niño y para cada niña.
-¿Dices que debía haberla? ¿Pues qué? ¿Acaso no la hay?
- No. Como los niños de ahora quieren ser tan sabios, dejan en seguida de creer en las hadas y cada vez que un niño dice "yo no creo en las hadas" cae muerta una de ellas."
Peter Pan e Wendy. J.M. Barrie
Así que crecín, dinme conta de que os soños se relativizaban, que carecían de relevancia, que o realmente importante era o camiño e o que pasaba mentres procuras a meta..
Pensando en todo o que un día quixen ser, dinme conta de que me fixen maior e que nada do que eu soñara se fixo real... pasou tanto tempo que todos aqueles soños se volveron inalcanzables. Tampouco o que eu quería é agora o que eu quero... si é que realmente sei o que quero... (creo que do único que estou seguro é do que non quero...)
O outro día, lembrando tempos mellores, reencontreime con antiguos amigos da universidade, esa xente que tanto me fixo sentir e que levo gardados no corazón... foi bonito, pero distinto a como eu imáxinaba... O tempo non pasa en balde, cada un tirou por onde quixo ou puido, e a verdade é que levabamos tanto tempo sen vernos que semellaban extranos...
Aqueles tempos do burgo das nacións, foron, se cadra, o mellor que me pasou... pero xa pasou... Tentar volver é un erro, e esquecerse deles tamén...
Ás veces pregúntome si o mellor da miña vida xa foi... ás veces...
Todos soñamos con quedarnos infinitamente na infancia, sermos peter pan a cada intre, non medrar nunca e vivir, vivir, vivir...
ResponderEliminarApertas fondas, irmán.