jueves, 18 de diciembre de 2008

Pingüinos en la cama


"-¿Qué harías sin mi, si no vuelves a verme?
-Para ser sincero haría lo mismo, sólo que si estoy sin ti lo haría sin esconderme." Ricardo Arjona

Hoxe chamou, xa era tan noite que me topou durmindo... non entendo...
Recoñezo que as veces aínda paso polo rick´s café coa esperanza de toparme con ilsa, pero xamais pensei que ela fose a que tomara a iniciativa...
As cousas claras, o que non pode ser, non pode ser... Cando a cousa non está de cara, mellor e deixala, etc, etc... podería dicir mil frases manidas para explicar, pero aínda asi nin eu mismo o entendo.
Todo semellaba ir ben, se cadra de mais... tan fugaz que non chegou a deixarme amargura sequera... pero as veces forzase demasiado, pensando que neso consiste o amor, en dar sin medida o calor dunha aperta... e as veces queres saber de que vai a historia, e preguntas(...)
e todo escacha en cen mil anacos...
-¿parece que non che fai moita ilusión?
-A verdade é que non...

Pois nada, ´pasar páxina´din... Pero hoxe chamou... agora debería chamala eu, preguntarlle para qué, si todavía se lembra... como me lembro eu...

Sabedes? Prefiriría que non houbese chamado e ficar naquel aeroporto, abandoado, estóico, coma rick blaine en casablanca...
Quen sabe...sempre nos quedará compostela

No hay comentarios:

Publicar un comentario

"non te enfades" Hugo