"Emplazándome... no comprendo como puede usted... pasar y no verla..." Serrat
Eu vivo en compostela... a maioría das cidades teñen máis taxis que sentimentos, e isto tamén pasa aquí. A pedra fría da zona vella parece contaxiar os corazóns, e costa tanto regalar unha mirada, un bico, unha aperta... que as veces parece que hai que ir mercalos...
Pero as veces e distinto... cando ela pasa o teu carón tropezando, como case sempre, con tantas prisas... e cando me achego para axudarlle, uhm... -perdón...- asustada, axeonllada.- parece que se che mollou todo- digo pasmado... ela cala, porque non ten nada que dicir, porque ten tanta prisa... E vaise correndo entre tantos paraugas... Seguro que alguen a agarda. Seguro.
Estou convencido porque sinon fun un parvo ao deixala marchar.(...) Tampouco sabería que dicirlle...

No hay comentarios:
Publicar un comentario
"non te enfades" Hugo